Dá positivo en coca e maría cando conducía un tractor no Porriño sen puntos do carné
12 de diciembre de 2018 (15:00 h.)
Ademais, o vehículo non pasara a ITV, carecía de seguro obrigatorio e non contaba con dispositivos de iluminación
A Garda Civil interceptou un veciño do Porriño de 32 anos que estaba a circular cun tractor por unha estrada local na parroquia de Torneiros a pesar de que non tiña puntos no carné e estaba baixo os efectos de varias drogas, en concreto cocaína e cannabis.
Ademais, o vehículo non pasara a ITV, carecía de seguro obrigatorio así como de dispositivos de iluminación, informaron fontes do instituto armado.
O condutor foi denunciado administrativamente e o tractor, inmobilizado de forma cautelar.
Esta actuación enmárcase na campaña iniciada na segunda quincena de novembro sobre o uso seguro do tractor nas vías de comunicación.