A declaración da muller do Chicle: "Fómonos a cama todos pero el cambiouse e saíu"

Rosario Rodríguez declarando ante o xuíz pola desaparición de Diana Quer. TVE

Rodríguez negou en todo momento ao xuíz acompañar ao seu esposo a noite na que a moza foi raptada por Abuín, autor confeso da morte de Diana Quer

A catro días de que o xulgado de instrución número 1 de Ribeira realice a reconstrución xudicial da causa sobre a morte da nova Diana Quer, TVE emitiu un pequeno fragmento da declaración de Rosarío Rodríguez, esposa do detido pola morte da madrileña.

"Fómonos á cama todos", escóitalla dicir, engadindo que, despois, José Enrique Abuín volveu abandonar o domicilio. "O meu marido cambiouse de roupa e saíu; díxome que ía ao gasoil". Así relata como O Chicle volveu saír de casa despois de que toda a familia regresase das festas da Pobra a noite na que Quer sería raptada e asasinada.

Rodríguez negou en todo momento acompañar ao seu esposo o día da morte da moza.

CAMBIO DE VERSIÓN. O pasado 4 de maio O Chicle aceptou por primeira vez prestar declaración ante o xuíz que instrúe a causa pola morte de Diana Quer e fíxoo para cambiar a súa versión e admitir que estrangulou á moza madrileña, aínda que alegou que foi "involuntariamente". Ademais, ha exonerado á súa muller, inicialmente tamén investigada na causa.