Deixa o coche abandonado tras sufrir un espectacular accidente en Cambados
17 de marzo de 2019 (16:40 h.)
O vehículo voou varios metros polo aire ata encaixarse contra unha furgoneta
Un condutor abandonou o vehículo que conducía e co que sufriu un espectacular accidente este domingo de madrugada en Cambados.
O coche quedou montado sobre unha beirarrúa tras voar varios metros e impactar contra unha furgoneta. O sinistro produciuse ao redor das 7.50 horas na Avenida de Vilargarcía, na zona de Corvillón. A Garda Civil trata de localizar ao condutor.