Denuncia que sufriu un accidente e acaba multado por ir borracho en patinete

El patinete accidentado. DP
Os feitos ocorreron na rúa Blanco Porto sobre as 7.45 horas

Un veciño de Pontevedra acabou multado por conducir bébedo e pola beirarrúa un patinete eléctrico. O curioso do caso é que foi el mesmo o que alertou á Policía Local para denunciar que un coche que saía dun garaxe lle dera un golpe.

O suceso produciuse na rúa Blanco Porto sobre as 7.45 horas. O home acudiu a dependencias policiais para denunciar o sucedido e os axentes observaron que podería estar baixo os efectos do alcol, polo que foi sometido á proba e deu positivo cunha taxa de 0,53 mg/l.

Por iso, o home, de 29 anos, foi denunciado por conducir un vehículo cunha taxa superior á permitida, o que lle podería carrexar unha sanción de 500 euros. E ademais, tamén é denunciado por circular pola beirarrúa cun patinete eléctrico, o que lle podería valer unha multa doutros 200 euros.

Este é o segundo suceso cun patinete eléctrico rexistrado nos últimos días en Pontevedra, logo da a irrupción dunha moza na AP-9 un destes vehículos.