Desaparece na Coruña unha moza de 27 anos que necesita medicación urxente
01 de febrero de 2019 (15:44 h.)
Lara Fernández Iglesias ten 27 anos e mide 1,67
Unha moza de 27 anos que precisa medicación urxente desapareceu na Coruña, segundo informa, a través das redes sociais, a organización SOS Desaparecidos.
Trátase de Lara Fernández Iglesias, que falta do seu domicilio desde o 28 de xaneiro. Mide 1,67 de estatura, ten o pelo longo moreno e ollos castaños.
De acordo coa descrición achegada, é unha moza de complexión delgada que ten tatuaxes no tronco anterior, con símbolos, precisan desde SOS Desaparecidos.