Un ferido en estado crítico ao caer unha furgoneta ao río en Santiago de Compostela

A furgoneta accidentada.CRTVG
Os outros dous ocupantes do vehículo fuxiron a pé do lugar ► Organizouse un dispositivo de procura ao sinalar varias testemuñas que viaxaba unha cuarta persoa que se atoparía desparecida

Unha furgoneta caeu ao río Sarela, en Satiago de Compostela, na tarde deste mércores, cando circulaba pola desde a AC-543, pola o periférico que conecta a cidade co Hospital Clínico.

No vehículo viaxaban tres persoas, unha delas foi rescatada e atópase en estado crítico. Por outra banda, outros dous ocupantes fuxiron do lugar a pé. Segundo testemuñas, habería un cuarto ocupante que os servizos de urxencia non conseguiron localizar, polo que se organizou un dispositivo de procura. Finalmente, descartouse esta hipótese.