Detido en Ourense un mozo de 22 anos despois de perpetrar unha agresión
Membros da Policía Nacional detiveron a un mozo de 22 anos como presunto autor dun delito de lesións por agredir a outra persoa supostamente por unha débeda relacionada co consumo de sustancias estupefacientes.
Segundo informou a comisaría provincial, os feitos ocorreron o pasado 7 de abril na avenida da Habana da cidade, cando un particular chamou ao 091 para comunicar que dous homes se estaban pelexando na rúa.
Ata o lugar desprazouse unha dotación do grupo de seguridade cidadá que viu a dous homes pelexándose e, ao seu lado, unha botella de cervexa rota.
Como consecuencia da pelexa, un deles presentaba feridas na cabeza e costas e o outro, na boca, polo que foron atendidos polos servizos sanitarios. Un deles tivo que ser trasladado ao complexo hospitalario de Ourense ao presentar cortes na cabeza e as costas e procederon á detención do presunto agresor.
O detido é un home de 22 anos, natural da República Dominicana, que quedou en liberdade con cargos tras prestar declaración en dependencias policiais.