Detido na Coruña tras golpear á súa parella e deixala tirada na rúa

Unha imaxe alusiva á violencia contra a muller ALEXANDRA

A moza relatou á policía que quería presentar unha denuncia contra a súa parella por agredila ao darlle varias patadas na cabeza

Un home foi detido por un delito de violencia de xénero tras golpear á súa parella e deixala tirada no chan coa cara ensanguentada nunha rúa da Coruña, informa este venres a Policía Local.

A muller, de 32 anos, tivo que ser atendida no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña de varias feridas como consecuencia da agresión machista, ocorrida no barrio de Monte Alto.

A Policía Local foi alertada de que o agresor fuxira pola calleTorre tras golpear á muller, aínda que cando chegou ao lugar dos feitos atopouse a unha parella discutindo.

A moza relatou á policía que acaba de discutir co seu compañeiro sentimental e que quería presentar denuncia por agredila ao darlle varias patadas na cabeza.