Detido por suplantar a identidade doutro para facer un exame de conducir na Coruña

O arrestado, de nacionalidade nixeriana e veciño de Madrid, fíxose pasar por un residente en Lleida

Axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, pertencentes ao Grupo de Investigación e Análise de Tráfico, detiveron no Centro de Exámenes da Xefatura Provincial da Coruña un veciño de Madrid que se presentou en lugar doutro home residente en Lleida.

O detido este luns por falsidade documental, de nacionalidade nixeriana e 39 anos, intentou suplantar a identidade dun cidadán senegalés, de 41 anos, veciño de Lleida, informan este martes fontes da Garda Civil.

Para poder acceder á sala de exames e realizar o exame, o detido utilizou para identificarse un documento de identidade de estranxeiros falsificado, no que fora colocada a fotografía do suplantado. Ademais, comprobouse que sobre o suplantador pesaba unha orde de búsqueda e detención dun xulgado de Vigo.

O autor dos feitos, que xa fora anteriormente detido ao realizar unha acción similar na aula de exámenes de Narón, no mes de xuño do ano 2017, ten un total de sete antecedentes por feitos similares noutras provincias, e foi entregado no xulgado de instrucción de garda da Coruña. 

Comentarios