Detido na estación de autobuses de Lugo por intentar violar a unha menor
15 de noviembre de 2018 (09:27 h.)
A vítima describiu os trazos físicos do suposto agresor e axudou os axentes a dar co seu paradoiro
Un home foi detido pola Policía Autonómica o pasado venres en Lugo tras intentar violar a unha menor, segundo denunciou esta. O arresto produciuse ese mesmo día pola noite na estación de autobuses, só unhas horas despois de que se presentase a denuncia.
A vítima relatou aos axentes que un home intentara abusar sexualmente dela e describiu os trazos físicos do suposto agresor, o que axudou os axentes a dar co seu paradoiro.
Unha vez detido, o presunto agresor foi trasladado ás dependencias da Policía Nacional, corpo que se encarga de tramitar as dilixencias pertinentes.