Detido un home por agredir en Alvedro a unha azafata de terra, que necesitou puntos de sutura

A traballadora atópase de baixa médica

Avión de Iberia en Alvedro. AEP
photo_camera Avión de Iberia en Alvedro. AEP

Un home foi detido tras agredir a unha traballadora de Iberia no aeroporto de Alvedro, segundo informou a Garda Civil. A empregada foi agredida o luns por un usuario da terminal, que viaxaba destino a México, país de procedencia do detido.

A Benemérita precisou que a agresión se produciu utilizando un panel de publicidade. Desde a compañía confirmaron que a muller precisou uns puntos de sutura e que se atopa nestes momentos de baixa médica, recuperándose do sucedido.

Comentarios