Detido un lucense por violar á neta da súa noiva

A victima, menor de idade, foi atendida no Hula e os médicos alertaron á Policía Nacional 
Un agente de la Policía Nacional ARCHIVO
photo_camera Un axente da Policía Nacional ARQUIVO

A Policía Nacional detivo a un veciño de Lugo, de 53 anos, como presunto autor dun delito de violación. Os feitos ocorreron o pasado domingo no domicilio do detido e foron postos en coñecemento da Policía Nacional tras abrirse o protocolo de actuación ante delitos de índole sexual, activado polos servizos medico-pediátricos do Hula.

A Policía Nacional recibiu unha chamada na mañá do luns comunicando unha posible agresión sexual a unha menor, que esta sendo atendida polos servizos médicos do hospital.

Os axentes acudiron ao lugar e entrevístanse cos familiares, quen relataron que a menor estivera no domicilio do exnovio da avoa a tarde anterior para deixar unhas pertenzas, antes de ser levada ao seu domicilio, tras pasar o día no campo, con ambos: a avoa e exparella desta.

Neses momentos, foi abordada polo agresor, quen supostamente consumo a agresión no interior do seu domicilio.

O sospeitoso foi detido e trasladado ás dependencias policiais, á espera de ser posto a disposición xudicial.