Detido en Maceda por ameazar coa escopeta de caza a un veciño

Imaxe de recurso dun home cunha escopeta de caza. AEP

Descoñécense as causas que provocaron o incidente

Un home, residente en Baños de Molgas (Ourense), foi detido en Maceda, municipio desa mesma provincia, acusado de ameazar cunha escopeta de caza a outro home por causas que se descoñecen.

A Garda Civil informou do arresto e de que ambos os dous se atopaban nunha terraza dun establecemento no Alto do Couso.

A investigación prosegue.