Detido no Porriño por acoitelar a outro home tras unha discusión
02 de abril de 2018 (13:10 h.)
A vítima foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro pero non se teme pola súa vida
Un home duns 50 anos foi detido nas últimas horas no Porriño por acoitelar a outro tras discutir cando realizaban unha transacción de droga.
O suceso produciuse na Avenida de Buenos Aires e puido ser visto por varias testemuñas. Un axente da Policía Local conseguiu interceptar ao agresor, que tras o ataque emprendeu a fuxida. A vítima foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro pero non se teme pola súa vida, segundo informa a Radio Galega.