Un home e unha muller foron detidos en Santiago acusados de roubar facéndose pasar por peregrinos. O seu método era sinxelo, informou a Policía nun comunicado, posto que se coaban en albergues composteláns pola noite cando entraba ou saía algún peregrino e unha vez dentro subtraían carteiras e pequenos obxectos nas literas dos peregrinos que durmían.
Tras o aumento de furtos e roubos en albergues composteláns, a policía comezou a vixiar nos arredores dalgúns dos que rexistraban máis denuncias para atopar aos autores.
Finalmente, o pasado día 1 de setembro foron detidos o home e a muller acusados de múltiples furtos, roubos e un delito de estafa de 6.000 euros co cartón de crédito dunha peregrina.