O Día do Pai e as Letras Galegas serán os festivos autonómicos en 2021
O Goberno galego analizou este venres a proposta de calendario laboral para o próximo ano, na que elixiu o 19 de marzo e o 17 de maio como festivos propios autonómicos.
Tras a reunión semanal do Executivo autonómico, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que a Xunta optou polo 17 de maio, Día de Letras Galegas
Dado que os outros festivos autonómicos serán
Dado que o 25 de xullo será domingo, polo que 2021 é Ano Santo, a Xunta inclinouse polo 19 de marzo, indicou en conferencia de prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión semanal do seu Executivo.
Deste xeito, a falta da aprobación definitiva, e dos dous festivos locais que cada municipio determine, en 2021 serán festivas en Galicia as seguintes datas:
- 1 de xaneiro (venres)
- 6 de xaneiro (mércores)
- 19 de marzo (venres)
- 1 e 2 de abril (xoves e venres)
- 1 de maio (sábado)
- 17 de maio (luns)
- 12 de outubro (martes)
- 1 de novembro (luns)
- 6 de decembro (luns)
- 8 de decembro (mércores)
- 25 de decembro (sábado)