Este domingo empeza a campaña extractiva da nécora e o bogavante
30 de junio de 2018 (19:23 h.)
A campaña permanecerá aberta ata o 31 de decembro
Este domingo arrinca a campaña extractiva da nécora e do bogavante en toda Galicia, que permanecerá aberta ata o próximo 31 de decembro, segundo informa a Consellería do Mar.
Así, a campaña da nécora estrea este ano un plan experimental para a xestión desta especie e a do camarón a través da arte de nasa "nécora e camarón".
Esta iniciativa, que estará vixente ata o 30 de xuño do próximo ano, establece o número de nasas permitido segundo o tamaño da embarcación e o número de tripulantes a bordo.
Ademais, tamén especifica os horarios de rebaixa das nasas, que será nocturno coa excepción das rías de Arousa e Vigo, nas que tamén poderá realizarse de día.