jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Dous policías galegos feridos en Barcelona reciben a Medalla ao Mérito

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reunirase con representantes do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (Inica) e cun dos policías feridos en Barcelona, ao que se lle renderá homenaxe no II Congreso Internacional de Criminalística Aplicada. No Gabinete da Vicepresidencia.
foto xoán crespo
15/11/2019
Alfonso Rueda entrega a medalla a Ángel Manuel Sánchez. XUNTA DE GALICIA
O acto está enmarcado no II Congreso Internacional de Criminalística que se celebra na Estrada

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse este venres cos organizadores do II Congreso Internacional de Criminalística e con Ángel Manuel Sánchez, o policía de San Cibrao ferido en acto de servizo en Barcelona o pasado mes de outubro.

Recibirá a Medalla ao Mérito Profesional e Académico xunto ao outro axente galego ferido. Farano durante este congreso que comeza esta tarde na Estrada (Pontevedra), informa a Xunta nun comunicado.

Na reunión desta mañá participaron o director e o secretario xeral do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (INICA), Luis Alamancos e Antonio Busto, respectivamente; o director xeral de Urxencias e Interior da Xunta, Santiago Villanueva e o comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico.

O II Congreso Internacional de Criminalística Aplicade está dirixido aos profesionais das forzas e corpos de seguridade e doutros servizos de urxencias e nel, expertos de renome en distintos ámbitos, abordarán as distintas vertentes da investigación criminal, continúa a nota.

Dous policías galegos feridos en Barcelona reciben a Medalla ao Mérito
comentarios