Alarma de madrugada en Mazaricos por un incendio nun taller
02 de marzo de 2015 (11:14 h.)
As espectacularidade das chamas, orixinadas ao redor das 4.00 horas da mañá deste luns no lugar de Vilar de Costa, asustou a toda a veciñanza
Unha pa, o pneumático dun tractor e unha motoserra causaron esta madrugada un alarmante incendio no taller dun pequeno lugar de Mazaricos, na Coruña, segundo informou Urxencias 112.
O lume declarouse, por causas que aínda se descoñecen, ás 04:00 da madrugada en Vilar de Costa, onde se desprazaron os bombeiros de Muros de inmediato, que extinguiron as chamas pouco despois.
No taller había unha botella de osíxeno e dúas bombonas de butano que ser viron afectadas polas altas temperaturas pero que lograron ser retiradas a tempo do taller e, xa no exterior, foron refrixeradas.
Pese ao susto no lugar polo incendio, finalmente non houbo danos persoais.