O túnel do Parrote, na Coruña, abrirá ao tráfico nos próximos días

Os dous enlaces que unirán o túnel da Marina co do Parrote teñen un carril diferenciado para cada sentido da circulación

A Autoridade Portuaria da Coruña recibiu a obra do túnel da Marina da empresa que o construíu logo de terminar todos os traballos incluídos no proxecto, unha situación que se producirá tamén nos próximos días no viario subterráneo do Parrote e que enlaza coa Marina.

Tras revisar a documentación e a obra este martes, o porto coruñés informou de que ao túnel do Parrote só lle faltan pequenos remates para que quede unido ao da Marina, polo que se prevé que en cuestión de días ambas as obras sexan postas a disposición do Concello da Coruña, que é a institución encargada da súa posta en servizo", engaden as mesmas fontes.

Os técnicos municipais e da Autoridade Portuaria xa iniciaron os traballos de coordinación de face a que o Concello prepare a apertura ao tráfico.

O túnel da Marina conta con dous enlaces co do Parrote, que teñen un carril diferenciado para cada sentido da circulación. Esta obra concluirá o proxecto de soterramento do tráfico acometido pola Autoridade Portuaria e financiado pola Autoridade Portuaria, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.

Ademais, antes de que finalice o ano prevese que terminen as obras de urbanización en superficie correspondentes ao seu último tramo, o de Porta Real, cuxo avance viuse condicionado pola execución dos viarios subterráneos. Estes traballos inclúen a peonalización e transformación da fachada máis emblemática da cidade.

Comentarios