Atopan o cadáver dun home de 69 anos coa cabeza separada do corpo en Vigo

Investíganse as circunstancias da súa morte, probablemente por causas naturais, e crese que un can devorou partes brandas

Un home de 69 anos de idade, que residía nunha casa en Estrada de Casás, na parroquia viguesa de San Andrés de Comesaña, foi achado sen vida en circunstancias aínda non aclaradas, aínda que se cre que a morte foi por causas naturais.
 
Segundo recolle Atlántico Diario na súa edición dixital, o home morreu hai uns días e un can acabou por devorar parte do seu corpo. A cabeza apareceu separada do resto. 

Supostamente un can da raza Border Collie devoroulle as "partes brandas da cabeza".

Comentarios