Espectacular envorco dun coche en pleno centro urbano de Boiro

Imaxe do volvo do coche este venres en Boiro. EP

 Unha muller resultou ferida no accidente que sucedeu moi preto da praia da Barraña

Un coche sufriu un espectacular envorco en pleno centro urbano de Boiro, moi preto da concorrida praia da Barraña. No accidente, que sucedía este venres, resultou ferida unha muller, que foi trasladada en ambulancia.

A rúa que leva ao coñecido areal estivo cortada durante bastante tempo. Ao lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros, a Garda Civil e a Policía Local boirense, asi como membros de Protección Civil.