Otra perspectiva del incendio Videferre, Oimbra (Ourense). #Brif Laza nos encontramos ya trabajando sobre el. pic.twitter.com/DHkYZtppQO
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) September 9, 2019
Un novo incendio rexistrado este luns nunha zona forestal do municipio ourensán de Oímbra está estabilizado tras queimar unhas 30 hectáreas de monte raso, informaron fontes da Consellería do Medio Rural.
Segundo a Xunta, o lume foi detectado cara ás 15:00 horas nunha zona da parroquia de Videferre e os equipos que acudiron lograron estabilizar a situación en pouco tempo.
Varios equipos foron mobilizados para as tarefas de extinción co apoio de aeronaves.
O fume levou ás autoridades a proceder a cortes de tráfico viario intermitentes en tramos da estrada OU-1013, que comunica Oímbra con Videferre.