En estado grave a muller agredida pola súa parella en Coristanco
A muller agredida pola súa parella este xoves en Coristanco atópase ingresada na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) en estado grave, segundo informaron a Europa Press fontes hospitalarias.
En concreto, a vítima está ingresada por ferida de arma branca no tórax con afectación cardíaca, precisaron as mesmas fontes sobre o seu estado e á espera do parte médico de evolución.
A detención do home por parte da Garda Civil produciuse na tarde deste xoves, segundo informaron fontes próximas á investigación.
En concreto, o 112 Galicia recibiu sobre as 16.45 horas unha chamada de alerta en relación a unha agresión que se produciu na localidade coruñesa de Coristanco.
Ata a zona desprazáronse efectivos das forzas da orde e o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou á muller ferida ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).
Segundo precisaron a Europa Press fontes próximas á investigación, non constan que existisen denuncias previas por violencia machista.