Unha estudante italiana namorada busca a "Álvaro" en Ourense
Nos días de Badoo, Tinder e Meetic, as declaracións de amor á vella usanza aínda están vixentes. Así o demostra unha mensaxe deixada nunha pancarta no campus de Ourense por unha estudante italiana.
O texto empeza cun "Ola, dixéchesme de chamarche Álvaro", que delata que o castelán non é a lingua vernácula da súa autora, Lorena Marucci, quen busca a este mozo, a quen coñecería o 7 de decembro na "estación da Coruña" e que, segundo expón, díxolle que era de Ourense.
A descrición física do mozo polo que Lorenza suspira é a de alguén "alto, delgado, ollos azuis e pelo rizado negro", segundo reza a pancarta, que se dirixe directamente a Álvaro cun "Revélate porque me namorei".
Como contacto, Lorenza deixou a súa conta de Instagram para que poida dirixirse a ela. Precisamente no seu perfil pódese ver unha foto da moza pousando en na Muralla de Lugo, coa Catedral de fondo.
Agora só falta esperar se a mensaxe serve para que Álvaro responda, se é que este amor perdido quere atopar.