Estudantes da UVigo crean vídeoxogos inspirados no roubo do Códice Calixtino

Desenvolverán tres versións: unha de aventura e intriga, outra centrada nunha onda de crimes e unha máis dedicada a unha loita contra curas satánicos. Hai sesións de traballo cada semana en Vigo e Pontevedra
Alumnos trabajando en el videojuego del Códice Calixtino. UVIGO
photo_camera Alumnos traballando no videoxogo do Códice Calixtino. UVIGO

Un grupo de estudantes da Universidade de Vigo desenvolverá tres versións dun videoxogo inspirado no roubo do Códice Calixtino. Estes traballos apoiaranse nun relato inédito do escritor e profesor Miguel Anxo Fernández sobre o roubo —en 2011— da que está considerada a primeira guía de peregrinos, subtraído por un exelectricista da catedral de Santiago.

Luís Fernández, Beatriz Legerén, Miguel Anxo Fernández e Antonio Pena, co alumnado participante non proxecto. UVIGO
Luís Fernández, Beatriz Legerén, Miguel Anxo Fernández e Antonio Pena, co alumnado participante non proxecto. UVIGO

Preto dunha vintena de estudantes, divididos en tres grupos, desenvolverán tres versións do videoxogo inspirado neste caso, no marco dunha iniciativa promovida polo grupo de innovación docente ComtecArt (comunicación, tecnoloxía e arte). Os impulsores desta experiencia promoven cada semana sesións de traballo conxunto nos campus de Vigo e Pontevedra.

Así, un dos grupos optou por converter o ladrón do Códice Calixtino en protagonista dun xogo no que se combinan a aventura e a intriga con matices de humor. Outro equipo optou por centrar a trama na figura dun detective que investiga unha onda de crimes, mentres que o terceiro centrou a súa proposta nunha loita contra "curas satánicos".

Frank Soutelo é o personaxe central de Timo Calixtino, unha novela curta que Fernández escribiu en 2012 por mor da desaparición do Códice e que cedeu ao grupo de innovación para esta actividade.

Comentarios