Un estudo galego descobre o mecanismo polo que certos fármacos diminúen o peso corporal

A asinante principal do artigo é Cintia Folgueira e foi publicado na revista Nature Metabolism
Una parte de los firmantes del artículo con Cintia Folgueira, autora principal del trabajo, tercera por la izquierda. USC
photo_camera Unha parte dos asinantes do artigo con Cintia Folgueira, autora principal do traballo, terceira pola esquerda. USC

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago coordinaron un estudo que permitiu descubrir o mecanismo mediante o cal algúns fármacos utilizados para o tratamento doutras enfermidades diminúen o peso corporal.

En concreto, informou a USC, trátase da bromocriptina (aprobada para o tratamento da diabetes tipo 2 en EEUU) e a cabergolina (utilizada para o tratamento de prolactinomas). Ambos os medicamentos activan a vía de sinalización dun neurotransmisor moi coñecido, a dopamina. O estudo demostra que a activación dun receptor da dopamina nunhas neuronas moi concretas do cerebro é capaz de activar un mecanismo que, finalmente, mobiliza a graxa parda, co aumento de perda de peso consecuente, aínda que se modificar a inxesta de alimentos.

O resultado do traballo, realizado principalmente en ratos, foi tamén corroborado con pacientes tratados con cabergolina, grazas á colaboración dos doutores Gema Frühbecky Javier Salvador, da Clínica Universitaria de Navarra.

O estudo, que acaba de ser publicado pola revista Nature Metabolism, foi coordinado polo profesor da USC Rubén Nogueiras e pola doutora Luisa Seoane, do IDIS, directores de teses no seu momento de Cintia Folgueira, primeiro asinante do artigo. Ademais, colaboraron outros investigadores, da USC, médicos da Clínica Universitaria de Navarra e científicos de Lille e Montpellier (Francia), Xenebra (Suíza), Utrecht (Holanda) e Cambridge (UK).

Comentarios