Eugenia Martínez de Irujo, de vacacións na Ribeira Sacra
22 de abril de 2019 (12:40 h.)
A filla da Duquesa de Alba fixo unha escapada romántica por Galicia e tamén visitou Betanzos
Eugenia Martínez de Irujo gozou dunhas románticas vacacións de Semana Santa en Galicia. A filla da Duquesa de Alba visitou a Ribeira Sacra e Betanzos xunto á súa parella, Narcís Rebollo.
Na súa estancia na Ribeira Sacra paseou nunha barca de Quinta Sacra por Belesar, estivo aloxada no Parador de Santo Estevo e fixo algunhas visitas pola zona. Ademais, comeu na adega A Taranxela, ás beiras do Miño.
En Betanzos, Martínez de Irujo e Rebollo gozaron da procesión dos Caladiños.