Evacuada de Cíes a Vigo unha persoa que sufriu un ictus

Embarcación de Salvamento. SALVAMENTO MARÍTIMO
Salvamento mobilizou unha embarcación para trasladalo ao porto da cidade olívica

Salvamento Marítimo mobilizou a primera hora da tarde deste domingo unha embarcación para evacuar unha persoa que se sentiu indisposta xunto ás illas Cíes e trasladala ao porto de Vigo. Alí estaba a esperar xa unha ambulancia.

Atendendo á información dalgúns medios, o evacuado é un home de nacionalidade británica que sufriu un ictus cando estaba nun veleiro fondeado xunto ás Cíes.