Evacuado un bañista de Silgar tras ser atopado boca abaixo na auga
06 de julio de 2019 (21:21 h.)
Un bañista foi evacuado este sábado, sobre as 19.00 horas, da praia sanxenxina de Silgar despois de que os servizos médicos lograsen reanimalo.
O home, que estaba na auga boca abaixo cando foi avistado por outros bañistas, foi levado ata terra firme, onde os profesionais sanitarios estiveron varios minutos facéndolle manobras de reanimación.
O bañista foi evacuado nunha Uvi móbil e polo momento descoñécese o seu estado. Ata o areal sanxenxino, moi concorrido este sábado, tamén se desprazaron os bombeiros, Policía Local e a Garda Civil.