Évole anuncia unha entrevista con Marcial Dorado

Marcial Dorado, durante a celebración dun xuízo. FERNANDO VILLAR (EFE)
photo_camera Marcial Dourado, durante un xuízo. FERNANDO VILLAR (EFE)

O xornalista Jordi Évole anunciou este venres no programa Al rojo vivo, de La Sexta, a próxima emisión dunha entrevista co narcotraficante galego Marcial Dorado. 

A peza, que se emitirá no marco dunha serie de entrevistas con presos nos cárceres españois dentro do programa Lo de Évole, chega a escasas semanas das autonómicas galegas e sete anos despois de que El País sacase á luz unhas fotografías de Dorado xunto a Alberto Núñez Feijóo tomadas nos noventa.

Comentarios