Varias explosións nas vías de tren xeraron unha gran alarma este luns pola mañá en Santiago, aínda que en principio non hai feridos. Fontes de urxencias apuntan que as explosións puideron deberse a una rotura da catenaria.
Como consecuencia do incidente, un tren de media distancia que viaxaba de Vigo ata A Coruña tivo que deter a súa marcha e os pasaxeiros continúan a súa viaxe por estrada. A circulación entre a capital galega e a cidade herculina foi cortada.
10:25 Media Distancia 9082 Vigo Urzaiz-A Coruña atópase detido en Santiago de Compostela debido a unha avaría de instalacións.
— InfoRenfe (\
Previsto realizar transbordo por estrada Santiago de Compostela-A Coruña.Inforenfe) June 15, 2020<>