Unha explosión de gas nunha vivenda en Nigrán derruba varios tabiques
Unha explosión provocada pola acumulación de gas nunha vivenda en Nigrán ocorrida este venres non deixou danos persoais pero si derrubou tres tabiques, polo que a casa permanece precintada. Segundo informa o 112 Galicia, sucedeu na rúa de Tomás Mirambell ao redor das 20.45 horas da tarde. Foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma á central de urxencias, que á súa vez avisou aos bombeiros do Baixo Miño, ao GES de Val Miñor, á Policía Local e á empresa subministradora do gas.
Fontes do GES relataron que a familia atopábase dentro da vivenda cando unha fuga comezou a formar unha bolsa de gas nunha das habitacións, polo que acabou por estalar. Segundo apuntan estas mesmas fontes consultadas, a instalación de gas da casa fora "manipulada" e as mangueiras utilizadas "non eran as adecuadas".
Unha vez desprazados á vivenda, os servizos de emergencas comprobaron as estancias que resultaron afectadas e levaron a cabo as tarefas de ventilación correspondentes. Estes labores finalizaron sobre as 23.00 horas.
A casa permanece precintada e a familia está á espera de que un técnico do Concello de Nigrán realice a correspondente avaliación de danos.