Falece un ancián na praia de Covas, en Viveiro

O home, natural de Salamanca, atopábase de vacacións na localidade

Un fallecido en la playa de Covas. ANTÍA
photo_camera Vista xeral da praia de Covas. AMA

Un ancián perdeu a vida este xoves pola mañá na praia de Covas. Trátase de J.C.V., de 83 anos de idade, un salamantino que se atopaba en Viveiro de vacacións.

O home estaba a bañarse nunha zona próxima aos Castelos cando comezou a sentirse a mal e pronto foi auxiliado por outras dúas persoas.

Ata o areal desprazouse un equipo médico que, tras reanimalo durante unha media hora, non puido facer nada por salvarlle a vida.

Polo momento descoñécense as causas do falecemento, pero non se descarta que se tratase dun infarto.