Falece o condutor dun coche tras chocar contra un muro na Guarda
31 de enero de 2020 (21:39 h.)
Sen detalles de como sucedeu este tráxico accidente, o falecido tivo que ser excarcerado do vehículo mostrando a violencia do impacto
O condutor dun vehículo faleceu esta tarde en A Guarda tras chocar contra un muro o coche que conducía, informou o servizo de urxencias 112 Galicia.
Como consecuencia do impacto o home quedou atrapado no interior do coche, polo que foi precisa a intervención dos equipos de excarceración.
O suceso produciuse sobre as 17 horas na rúa José Antonio Lomba Camiña, na parroquia de Salcidos.
O servizo 112 mobilizou a membros do GES da localidade, que procederon a liberar ao ocupante do turismo.
Unha vez fose do vehículo, os profesionais sanitarios do 061 intentaron reanimalo pero nada puideron facer por salvarlle a vida.
Tamén colaboraron no operativo axentes da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e Bombeiros do Baixo Miño.