Falece o condutor dun ciclomotor en Viveiro

O ciclomotor que conducía o falecido en Viveiro. TRÁFICO
Saíuse da vía na zona de Portochao, na parroquia de Galdo
Un home, que conducía un ciclomotor, faleceu ao redor das 13.00 horas en Viveiro nunha saída de vía na zona de Portochao, na parroquia de Galdo, xusto á saída da ponte. Ata o lugar mobilizouse persoal de Urxencias Médicas, ademais dun amplo dispositivo de urxencias, que incluíu unha patrulla de Tráfico da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.