Falece un home nun accidente de tráfico en Santiago 

No suceso, que tivo lugar na parroquia de Amarante, víronse involucrados un coche e unha moto

Lugar en el que se registró el accidente mortal en la N-550. TVG
photo_camera Lugar en el que se registró el accidente mortal en la N-550. TVG

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida grave nun accidente de tráfico ocorrido na mañá deste luns no termo municipal de Santiago de Compostela, na parroquia de Amarante. 

Segundo informaron fontes de urxencias, o suceso ocorreu pasadas as 8.00 horas na N-550, entre Sigüeiro e Santiago, á altura de Amarante. No suceso víronse implicados unha moto e un coche que, tras chocar, chocaron tamén contra un trailer. 

Como consecuencia do suceso faleceu o acompañante do turismo implicado, mentres que o condutor resultou ferido. O motorista, pola súa banda, está ferido grave. As vítimas foron trasladadas ao hospital de Santiago.