Falece un home ao caer ao mar na zona do Millenium na Coruña
20 de julio de 2019 (22:44 h.)
O home, de 42 anos, esvararía nas rocas
Un home de 42 anos faleceu este sábado na Coruña tras caer ao mar na zona do Millenium. Atendendo á información divulgada pola TVG, esvarou nas rocas.
Unha persoa que se atopaba na zona alertou ao 112, tras o que se mobilizou un dispositivo de rescate, aínda que finalmente o home foi sacado da auga por un pescador. Non se puido facer nada pola súa vida a pesar dos intentos de reanimación.