Falece un home ao caer ao mar na Coruña mentres paseaba

Zona do Portiño, onde tivo lugar o suceso. GOOGLE MAPS

A vítima atopábase xunto a súa muller na zona portuaria de San Pedro de Visma

Un home faleceu na mañá deste domingo tras caer ao mar cando paseaba polo Portiño, na Coruña, segundo informou o Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 Galicia. 

O suceso tivo lugar na zona portuaria de San Pedro de Visma. A vítima, duns 70 anos de idade, precipitouse á auga cando paseaba polo porto acompañado da súa muller. 

Tras ser alertados pola central do 112, os profesionais de Urxencias Santiarias 061 desprazáronse ao lugar pero non puideron facer nada por salvar a vida do home, que foi rescatado da auga por persoas que se atopaban na zona do porto nese momento. 

A Policía Nacional investiga as causas do suceso, aínda que os primeiros indicios apuntan a que se tratou dunha caída accidental.