Falece un home tras envorcar o tractor que manexaba en Val do Dubra

A vítima caeu do vehículo cando circulaba por unha pista do monte da Devesa

Un home perdeu a vida este venres ao caer do tractor no que circulaba por unha pista do monte da Devesa situado no Val do Dubra.

Un particular alertou ao 112 Galicia sobre as 15.15 horas e indicou que a persoa accidentada se atopaba accesible.

O 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar do accidente o helicóptero medicalizado. Tamén pasaron o aviso á Garda Civil e a Protección Civil.

Os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa ao chegar ao lugar do suceso.