Falece un home en Santiago ao caer desde un edificio

O tráxico suceso tivo lugar nun edificio da compostelá rúa Jaca. GSV
Os feitos ocorreron na tarde deste xoves

Un home perdeu a vida en Santiago de Compostela ao caer desde o edificio da súa propia vivenda cando se atopaba realizando unha labor de mantemento.

O suceso ocorreu na rúa Jaca –no barrio de Fontiñas–, ao fío das 19:45 horas deste xoves.

A vítima tomara medidas de prevención contra accidentes, aparentemente insuficientes, xa que non puideron evitar que o home se precipitase ao baleiro tras escorregar.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través dunha persoa particular e, enseguida, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e da Policía Local e Nacional.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Ademais, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Urxencias (GIPCE) por se fose necesario prestar asistencia aos familiares do falecido.