Falece José Manuel Pérez Canal, presidente da CEO

José Manuel Pérez Canal. SALVADOR SÁS

O conselleiro delegado de Aceites Abril tiña 55 anos

O presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal, faleceu este sábado no seu domicilio aos 55 anos, por mor dunha enfermidade que lle foi diagnosticada hai uns meses.

A noticia do falecemento do conselleiro delegado de Aceites Abril causou unha profunda consternación entre os seus achegados e o círculo empresarial galego.

A capela ardente de Pérez Canal instalarase no tanatorio das Burgas a partir das 17.00 horas. O enterro terá lugar este domingo na máis estrita intimidade familiar e o luns celebrarase o funeral na igrexa de Santiago das Caldas.