Falece Mauro Varela, expresidente de Caixa Galicia
30 de enero de 2020 (15:34 h.)
O avogado lucense tamén foi deputado autonómico
O avogado lucense Mauro Varela Pérez, exdeputado e expresidente de Caixa Galicia, faleceu aos 78 anos de idade.
Varela, licenciado en Dereito e avogado en exercicio desde 1965, foi parlamentario en Madrid polo PP nas lexislaturas de 1989, 1993 e 1996, e despois tamén deputado autonómico, a partir de 1997.
No ámbito lucense, Mauro Varela, que ten despacho na Praza Maior, é fillo de avogado e tamén o seu fillo é letrado, foi presidente do Círculo das Artes.