Falece un edil do PSOE en Catoira mentres practicaba kitesurf nunha praia da Illa

O seu propio compañeiro sacouno da auga pero, a pesar dos esforzos dos servizos médicos, non puideron reanimalo

Playa de O Bao, en A Illa de Arousa. DP
photo_camera Playa de O Bao, en A Illa, y la víctima en una foto de su Facebook. DP

Un home faleceu este luns mentres practicaba kitesurf na praia do Bao, no municipio pontevedrés da Illa de Arousa. A vítima é Carlos Castaño Ferreirós, concelleiro socialista en Catoira, duns 40 anos e que esperaba un fillo.

Segundo informa o 112, ás 11.00 horas recibiron o aviso de que un mozo se atopaba en apertos na area. Xa fora rescatado da auga e o helicóptero do 061 con base en Santiago estaba a dirixirse cara ao lugar.

O 112 alertou á Garda Civil, Policía Local, Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas. Ata o lugar tamén se desprazaron os bombeiros do Salnés.

O mozo, tras ser golpeado polo mar, foi rescatado por un compañeiro que tamén practicaba este deporte. A pesar de que os servizos médicos estiveron uns 40 minutos intentando reanimalo, só puideron certificar a súa morte.

A Deputación de Pontevedra amosou as súas condolencias aos familiares e amigos de Castaño Ferreirós, cuxa parella estaba embarazada de sete meses.

Tres días de loito oficial en Catoira
O Concello de Catoira decretou tres días de loito oficial polo falecemento de Carlos Castaño. 

Tres días de loito oficial en Catoira

O Concello de Catoira decretou tres días de loito oficial polo falecemento de Carlos Castaño. 

A corporación municipal expresou  nas redes sociais a súa consternación polo "tráxico falecemento" do edil nun accidente na praia do Bao. Por elo, decretaron tres días de loito oficial, nos que as bandeiras ondearán a media asca con crespón negro.

O presidente do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou tamén a través de Twitter a súa "tristeza" polo falecemento de Carlos Castaño e enviaron as súas condolencias á familia e aos compañeiros da agrupación local.