Falece un motorista nunha saída de vía na Laracha 

O home, nacido en 1975, viaxaba só na moto

Un motorista faleceu este sábado nun accidente ocorrido no municipio coruñés da Laracha, informaron fontes do 112 e Protección Civil.

O aviso do accidente, unha saída de vía na parroquia de Coiro na que se viu implicada unicamente a moto que conducía o falecido, recibiuse pouco antes das 17.00 horas.

A vítima é un home nacido en 1975 e que viaxaba só na moto, indicaron as mesmas fontes. Para atender o suceso interviñeron, ademais dos servizos sanitarios, axentes da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.