Falece unha muller de 84 anos ao ser atropelada en Narón
15 de julio de 2019 (16:35 h.)
O concuctor deu negativo en todas as probas de alcol e drogas
Unha muller de 84 anos de idade faleceu na mañá deste luns ao ser atropelada cando cruzaba por unha zona non habilitada para o paso de peóns na estrada de Castela, á altura do Alto do Castiñeiro, en Narón (A Coruña).
Segundo informaron fontes da Policía Local, o accidente tivo lugar sobre as 9.20 horas, cando un vehículo conducido por un home alcanzou á muller, que se dispuxo a cruzar a calzada por unha zona non permitida.
Estas fontes explicaron que o home, que deu negativo nas probas de alcol e drogas, puido non ver á muller tendo en conta que saíu de súpeto de entre dous vehículos que estaban aparcados.