Falece unha muller no Carballiño ao caer a un pozo de oito metros

Unha muller faleceu a tarde deste xoves na localidade ourensá do Carballiño ao precipitarse a un pozo de oito metros de profundidade, segundo informa o 112.

Os feitos ocorreron ao redor das 19.30 horas en Ponterriza, na parroquia de Langoseiros.

A muller foi liberada do pozo polos Bombeiros do Carballiño pero os efectivos sanitarios xa non puideron facer nada.