Falece unha muller de 57 anos nunha colisión en Valga
04 de octubre de 2018 (10:50 h.)
O vehículo da vítima sería arroiado por outro turismo, cuxo condutor daría positivo no control de alcoholemia
Unha muller perdía a vida nun accidente de tráfico este mércores pola noite tras verse involucrada nun choque entre dous vehículos na N-550, á altura de Valga.
Segundo as primeiras pescudas, o turismo que conducía a vítima, de 57 anos, foi arroiado por outro coche ao redor das 23.00 horas, cuxo ocupante, que resultou ferido, daría positivo no control de alcoholemia.
O punto no que se produciu a colisión xa rexistrara con anterioridade outros accidentes mortais.