Falece unha muller tras ser atropelada por un tren en Vigo
10 de junio de 2019 (22:42 h.)
O suceso ocorreu moi preto da estación de Vigo Guixar
Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un tren moi preto da estación de tren de Vigo Guixar, segundo informou o 112 na tarde deste luns. O tren cubría a ruta Pontevedra-Vigo.
Ademais do persoal de Adif, os servizos sanitarios, Policía Nacional e Local e Bombeiros de Vigo interveñen no suceso.