Falece unha persoa tras ser rescatada en Carnota ao verse en dificultades para saír da auga

Foi trasladada en helicóptero ao Hospital da Xunqueira, de Cee, onde morreu

Unha persoa faleceu na tarde deste domingo tras ser rescatada do mar polos servizos de urxencias logo de verse con dificultades para saír da auga na praia de Ancoradoiro, en Carnota. Foi trasladado en helicóptero ao Hospital da Xunqueira de Cee, onde morreu.

Segundo informou o 112 Galicia, o operativo activouse ás 18.00 horas, cando un veciño chamou á central de urxencias indicando que vía a unha persoa en apertos. O 112 avisou aos servizos de Salvamento Marítimo, que mobilizou ata o lugar ao helicóptero Helimer, que o trasladou ao Hospital da Xunqueira. 

Ademais dos equipos de Salvamento Marítimo, solicitouse a colaboración de medios e recursos por terra como o GES de Muros, os axentes da Policía Local e da Garda Civil. Tamén interveu unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias.